O mércores día 3 de decembro acudimos en masa a Negreira para participar na carreira de campo a través. Estas xornadas enmárcanse dentro do Plan Xogade que promociona o deporte escolar nos centros educativos.
O desenrolo das probas foi sen problemas, día sen chuvia, circuito en bo estado, con agran afluencia de participantes en xeral e no tocante ao noso centro, O CPI A Picota, compuxemos equipos nas categorías tanto masculino como femininos de benxamíns, alevíns e infantís.
Polo momento non temos as clasificacións das distintas categorías, aínda que sí estamos en disposición de felicitar a tódolos corredores pola súa participación, esforzo e vontade de facelo o mellor posible.
XOGADE NEGREIRA 14 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.
jueves, 18 de diciembre de 2014
miércoles, 12 de noviembre de 2014
MODALIDADES DEPORTIVAS
Moi interesante web da Xunta de Galicia onde se recolle información teórica e práctica de tódolos seportes que poden practicas os nenos/as de Primaria.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1286274054/contido/deportes/web/index.htm
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1286274054/contido/deportes/web/index.htm
A CONDICIÓN FÍSICA
En 5º e 6º curso de Primaria estivemos traballando a condición física.
A modo de resumo e para afianzar algúns conceptos e aprender outros, incorporo esta presentación moi visual i explicativa.
A modo de resumo e para afianzar algúns conceptos e aprender outros, incorporo esta presentación moi visual i explicativa.
lunes, 26 de mayo de 2014
CAMPIONATO DE BADMINTON
Neste mes de maio tivemos o campeonato de bádminton de 4º, 5º e
6º. A continuación podedes ver as fotos dos gañadores cos seus
compañeiros de clase. Os de 4º aínda non remataron, pero temos aos de 5º e 6º!
Nas seguintes fotos vcmos aos gañadores de
5º e aos seus compañeiros.
1º- Álvaro Lado
2º- Manuel Alvela
3º- Gisela Fernández
Os gañadores de
6º aparecen tamén cos seus compañeiros, e foron:
1º- Sheila Noceda
2º- Jose Figueira
3º- Paula Antelo
lunes, 5 de mayo de 2014
XOGAMOS AO FUTBOLÍN
Un ano
máis fixemos o campionato de futbolín no que participa todo o alumnado que
queira de 3º a 6º. Houbo partidas que se xogaron en seguida pero outras
ocuparon varios recreos. As partidas normalmente xogabanse de xeito autónomo, sen
árbitro, xa que todos sabían as normas.
Ao remataren eles mesmos eran os encargados de anotar no taboeiro da
sala de xogos a parella gañadora e avisar aos seguintes en xogar.
A
continuación podedes ver algunhas fotos!
E....ao final os gañadores foron Tino e Alex de 4º.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


