Primeira xornada que organiza o centro de deporte escolar en secundaria e todo foi un éxito, a pesares de que comezou a chover no medio dos partidos e cambiouse as instalacións do centro por o pavillón deportivo municipal.
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecta. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de marzo de 2019
viernes, 22 de marzo de 2019
4º XORNADA MULTIDEPORTE ENTRE A PICOTA E ZAS
Outra xornada do deporte escolar. Esta foi o xoves 21 de marzo no CPI da Picota e visitounos o CPI de Zas.
En xornada de mañán de 10:15 a 12:30 disputamos varios encontros nas instalacións dispoñibles, xogando todos ao mesmo tempo.
Por fin tivemos un día de sol e puidemos usar as instalacións do noso cole para xogar!!!
Os cursos de 5º e 6º divididos en 4 equipos ían rotando polos patios para xogar a balonmán, brillé, baloncesto e fútbol sala. Os partidos eran de 20´ con 10 de cada parte. Fixemos un descanso para merendar despois das dúas primeiras rotacións.
Ao finalizar fomos xogar a fútbol 11, un partido que fixo as delicias das afecións, con estas a cantar e moi entregadas.
Moi bo día deportivo, o cal esperamos repetir.

jueves, 10 de mayo de 2018
PERCORRENDO A CARBALLEIRA DE ANLLARES (MAZARICOS)
Descubrir algúns recunchos naturais do
Concello, fomentar hábitos de vida saudable practicando sendeirismo, así como
recoñecer e valorar o noso patrimonio natural son entre outros, obxectivos da
saída que fixemos este 8 de Maio; as profesoras de Ciencias Naturais e Educación
Física co alumnosado de 2º da ESO.
Fixemos un percorrido, guiado por un
técnico de deportes do Concello pola “Carballeira de Anllares”; un ecosistema
único, situado na marxe esquerda do Xallas.
Un lugar fermoso e cheo de vida que está moi
preto do noso Centro e a espera de ser recoñecido como PARQUE NATURAL.
miércoles, 7 de junio de 2017
Camiña en bici á escola
Dentro do Proxecto Deportivo de Centro no que estamos inmersos como parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia fixemos unha actividade enmarcada neste ámbito que tiña por obxectivo familiarizrse coa bicicleta e ao mesmo tempo cos accesos ata o cole desde a contorna máis próxima.
Este ano, que era novidade no centro esta actividade, tratamos de facer un percorrido pola zona, deseñado polo técnico de deportes do Concello de Mazaricos.
Preparounos camiños doados, sen dificultade ningunha e tratando de non usar a estrada xeral, aínda que si a tivemos que cruzar nun par de ocasións, sempre coa axuda de Protección Civil que ía abrindoe pechando a ruta.
Fomos o alumnado de 4º e 5º de EP e 2º ESO, xuntando un total de 44 alumnos/as acompañdos por 3 mestres e o Nito Estalote (técnico do Concello) na bici e PRotección Civil con dous coches e 3 voluntarios.
A actividade tivo moi boa acollida e agardamos poder continuar con ela, así como tamén se agarda potenciar o uso da bici nos entornos rurais e tentar deseñar rutas seguras e atractivas para os mozos/as e que poidan usar este medio de transporte para as súas actividades cotiás...e como non, para vir ao cole sempre que o acceso sexa seguro e posible.
Previa á saída o alumnado fixo traballos sobre a bicicleta e o tema do Plambe, os inventos, sobre quen a inventou, sobre a roda...etc.
Aproveitamos tamén, xa que tiñamos as bicis para facer circuitos e probas nas sesións de Educación Física, co fin de mellorar o noso equilibrio sobre ela e ter máis habilidades que nos permitan aumentar a confianza sobre o sillín.
MOITAS GRACIAS AO CONCELLO DE MAZARICOS, A TRANSPORTES GONZÁLEZ E A PROTECCIÓN CIVIL, por facernos pasar a todos/as unha boa xornada de bici.

miércoles, 2 de diciembre de 2015
CAIXÓN DAFIS
Esta semana comezamos coa valoración da condición física, dentro do programa DAFIS do Plan Proxecta para todos os cursos de Primaria. Durante unha semana e media os rapaces/zas da Picota mediranse, pesaranse, farán probas de velocidade, flexiblidade, resistencia, forza manual, salto horizontal a pés xuntos e suspensión de brazos obtendo uns valores que despois se contrarrestarán coa media de Galicia, aportando unha información subxectiva do nivel de condición física. Estes datos serven para facer un seguemento da súa evolución na etapa de Primaria e ver que factores foron os que fixeron variar os resultados, se así fose o caso.

Para máis información sobre isto, fai clic aquí.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)