Primeira xornada que organiza o centro de deporte escolar en secundaria e todo foi un éxito, a pesares de que comezou a chover no medio dos partidos e cambiouse as instalacións do centro por o pavillón deportivo municipal.
viernes, 29 de marzo de 2019
viernes, 22 de marzo de 2019
4º XORNADA MULTIDEPORTE ENTRE A PICOTA E ZAS
Outra xornada do deporte escolar. Esta foi o xoves 21 de marzo no CPI da Picota e visitounos o CPI de Zas.
En xornada de mañán de 10:15 a 12:30 disputamos varios encontros nas instalacións dispoñibles, xogando todos ao mesmo tempo.
Por fin tivemos un día de sol e puidemos usar as instalacións do noso cole para xogar!!!
Os cursos de 5º e 6º divididos en 4 equipos ían rotando polos patios para xogar a balonmán, brillé, baloncesto e fútbol sala. Os partidos eran de 20´ con 10 de cada parte. Fixemos un descanso para merendar despois das dúas primeiras rotacións.
Ao finalizar fomos xogar a fútbol 11, un partido que fixo as delicias das afecións, con estas a cantar e moi entregadas.
Moi bo día deportivo, o cal esperamos repetir.

jueves, 14 de febrero de 2019
2º xornada multideporte ESO. Baio. 13.02.19
Primeira xornada de partidos a baloncesto, balonmán, volei e fútbol sala que disputan o alumnado do CPI A Picota neste ano e agardamos que sexa o comezo de moitos de este tipo de eventos.
Resultou totalmente interesante para nós e quedamos moi contentos coa experiencia. Agora esperamos visitas de volta de outros coles e seguiremos con estes encontros.
Non temos marcadores finais, xa que aínda que había árbitros/as e si contabamos os tantos, non era o máis importante e non queda anotado marcador final. Se cadra, máis adiante faremos sistema de competición.

jueves, 7 de febrero de 2019
1º Xornada de Multideporte. A Picota 2019
Comezou a actividade deportiva no CPI A Picota coa liga de coles e facendo esas xornadas de multideporte con outros centros da zona.
Elaborouse un calendario previo onde se anotaron os centros interesados e marcáronse catro datas, onde ás veces no noso centro e outras visitándoos, os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º practicarán os deportes de fútbol sala, baloncesto, balonmán e brillé.
Neste primeiro encontro, visitounos o colexio da Señora Inmaculada de Santa Comba e dado que o tempo era de chuvia, desprazámonos aquí ao lado para facer da pavillón da Picota, o noso espazo de encontro.
Os case 30 alumnos/as de 5º e 6º de ambos centros foron quen participou nesta ocasión. Foi un xoves 23 de xaneiro en xornada de 11 a 12: 30, xa que despois nos esperaba o comedor.
Vexan aquí nas fotos como foi a cousa, xa que estas imaxes contan máis que as nosas verbas.

jueves, 17 de enero de 2019
ACTIVIDADE DIDÁCTICA DE EF PARA SECUNDARIA-THE CHILDREN´S GAME
Presentamos esta actividade para 1º e 2º da ESO, para calquera dúbida preguntar a mestra Pilar.
ACTIVIDADES:
1-Pinchando neste link podedes encontrar un cadro de Pieter Brueghel el Viejo.....onde hai máis de 80 xogos poulares. Trátase de localizar alomenos 10 destes, describilos e acompañar dunha imaxe actual.
2- Fai unha clasificación dos xoquetes ou xogos que recibiches nestes útimos tempos, en función do lugar onde poidan usarse, do número de persoas que poidan participar ou do material co que están fabricados.

miércoles, 30 de mayo de 2018
PLAMBE: sendeirismo en secundaria
Dende o Departamento de Educación
Fisica, fixemos unha exposición dun traballo colaborativo entre todos os cursos
da ESO sobre o Sendeirismo,
resaltando e dando a coñecer que con esta actividade física estamos ademais desfrutando, descubrindo, valorando e mantendo o noso Patrimonio, Cultural,
Natural, Etnográfico, arqueolóxico e histórico.
A Exposición consiste nun panel
informativo con diferentes traballos, e un recuncho cun punto de información
con bibliografía e material relacionado co tema, posto a disposición de toda a
comunidade educativa.
jueves, 10 de mayo de 2018
PERCORRENDO A CARBALLEIRA DE ANLLARES (MAZARICOS)
Descubrir algúns recunchos naturais do
Concello, fomentar hábitos de vida saudable practicando sendeirismo, así como
recoñecer e valorar o noso patrimonio natural son entre outros, obxectivos da
saída que fixemos este 8 de Maio; as profesoras de Ciencias Naturais e Educación
Física co alumnosado de 2º da ESO.
Fixemos un percorrido, guiado por un
técnico de deportes do Concello pola “Carballeira de Anllares”; un ecosistema
único, situado na marxe esquerda do Xallas.
Un lugar fermoso e cheo de vida que está moi
preto do noso Centro e a espera de ser recoñecido como PARQUE NATURAL.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)