martes, 19 de abril de 2016
jueves, 7 de abril de 2016
XOGO DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
O TELÉFONO ESTROPEADO
A continuación pretendo reflexionar un pouco e a través dun xogo sobre a importancia do ruído no noso entorno e como este intervén negativamente na fluidez da información.
O obxectivo é valorar persoalmente este aspecto da contaminación acústica e sacar as conclusións da importancia do ruído diario e a distorisón que produce no día a día.
TÍTULO:
O teléfono estropeado.
DESTINATARIOS:
Alumando de primeiro e segungo curso de Primaria.
DESCRIPCIÓN:
Variedade do xogo “o teléfono estropeado” que elixín para
facer a actividade deste módulo.
É moi importante explicar os condicionantes do xogo xa que
a colocación dos integrantes e a música de fondo son as variedades que
determinan a súa realización
Con respecto a isto, os participantes estaban todos
colocados en zig zag ao longo do ancho e largo do ximansio, separados entre sí
a uns 5 metros de distancia e dentro dun aro para que non variasen o seu
posicionamento. Mentras tanto a música soaba a un volume que dificultaba a
conversa, tal e como probamos na explicación onde as consignas non se oían con
claridade a misma distancia que no xogo.
Poño de mostra dous audios:
-
No intento 1 a frase elixida chegou ao
destinatario final sen variar o seu contido, pois repetiuna exactamente, se ben
houbo que axudar na primeira fase para que non se perdese o contido, observando
así que onde se escapa a información é maiormente ao inicio.
-
No
intento 2 a frase non pasou dos dous primeiros participantes e mostramos que sen
axuda, a contaminación acústica impide que a información se transmita a escasos
metros.
martes, 1 de marzo de 2016
VOLEI EN IDADE ESCOLAR
Ao premer nesta foto terás a ocpión de navegar pola páxina da Federación Española de Voleibol, onde trata o PequeVolei, que vén sendo un programa educativo para tratar o volei en idade alevín e infantil.
Neste enlace web, encontraremos animacións e vídeos dos xestos técnicos, características oficiais do espacio de xogo, beneficios sobre a súa práctica e outros artigos de interese.
Neste enlace web, encontraremos animacións e vídeos dos xestos técnicos, características oficiais do espacio de xogo, beneficios sobre a súa práctica e outros artigos de interese.
viernes, 29 de enero de 2016
Campo a través - Negreira.
Outro ano máis disputouse a proba de campo a través da comarca do Xallas, pertencente ao Programa Xogade onde se encadran as competicións deportivas en idade escolar.
Despois de atrasala por dúas ou tres veces e a contrarreloxo, pois esgotábanse as datas, celebrouse o luns 18 de xaneiro no circuito de Negreira, a carón do colexio.
O tempo dounos unha tregua e correuse finalmente sen chuvia, comezando polos benxamíns as 11:00 e finalizando os cadetes arredor das 12:40.
Cabe destacar a gran participación do noso cole con case 100 rapaces e rapazas que non se amedrentaron polo tempo nin pola distancia a percorrer.
Desde o CPI A Picota seguimos animando a ser cada ano máis participantes, disfrutar das carreiras e a preparar as probas xa que iso permitiríanos seguir avanzando nas carreiras e coñeceríamos novos circuitos, lugares, compañeiros así coma outras fases da competición.
Agradecemos a tódolos atletas o seu esforzo e convidámolos a participar o ano que vén (aínda que tamén nos queda o atletismo en pista).

miércoles, 2 de diciembre de 2015
CAIXÓN DAFIS
Esta semana comezamos coa valoración da condición física, dentro do programa DAFIS do Plan Proxecta para todos os cursos de Primaria. Durante unha semana e media os rapaces/zas da Picota mediranse, pesaranse, farán probas de velocidade, flexiblidade, resistencia, forza manual, salto horizontal a pés xuntos e suspensión de brazos obtendo uns valores que despois se contrarrestarán coa media de Galicia, aportando unha información subxectiva do nivel de condición física. Estes datos serven para facer un seguemento da súa evolución na etapa de Primaria e ver que factores foron os que fixeron variar os resultados, se así fose o caso.

Para máis información sobre isto, fai clic aquí.

Para máis información sobre isto, fai clic aquí.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)