jueves, 18 de diciembre de 2014

Campo a través en Negreira.

O mércores día 3 de decembro acudimos en masa a Negreira para participar na carreira de campo a través. Estas xornadas enmárcanse dentro do Plan Xogade que promociona o deporte escolar nos centros educativos.
O desenrolo das probas foi sen problemas, día sen chuvia, circuito en bo estado,  con agran afluencia de participantes en xeral e no tocante ao noso centro, O CPI A Picota, compuxemos equipos nas categorías tanto masculino como femininos de benxamíns, alevíns e infantís.
Polo momento non temos as clasificacións das distintas categorías, aínda que sí estamos en disposición de felicitar a tódolos corredores pola súa participación, esforzo e vontade de facelo o mellor posible.



XOGADE NEGREIRA 14 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

MODALIDADES DEPORTIVAS

Moi interesante web da Xunta de Galicia onde se recolle información teórica e práctica de tódolos seportes que poden practicas os nenos/as de Primaria.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1286274054/contido/deportes/web/index.htm


O CORPO HUMÁN

Actividades LIM sobre o corpo humán.
Unidade didáctica 1: Coñezo meu corpo.


A SAÚDE NA EDUCACIÓN FÍSICA

Un dos contidos que máis importancia vai gañando na educaión física está sendo a saúde e o coidade do noso corpo. Para os nivei iniciais incorporo un Jclic que potencia aprendizaxes neste eido da saúde corporal.

A CONDICIÓN FÍSICA

En 5º e 6º curso de Primaria estivemos traballando a condición física.
A modo de resumo e para afianzar algúns conceptos e aprender outros, incorporo esta presentación moi visual i explicativa.



lunes, 26 de mayo de 2014

CAMPIONATO DE BADMINTON




Neste mes de maio tivemos o campeonato de bádminton de 4º, 5º e 6º. A continuación podedes ver as fotos dos gañadores  cos seus compañeiros de clase. Os de 4º aínda non remataron, pero temos aos de 5º e 6º!
Nas seguintes fotos vcmos aos  gañadores de 5º e aos seus compañeiros.


 
1º- Álvaro Lado

2º- Manuel Alvela

3º- Gisela Fernández



Os gañadores de 6º aparecen tamén cos seus compañeiros, e foron:

1º- Sheila Noceda

2º- Jose Figueira

3º- Paula Antelo

 

lunes, 5 de mayo de 2014

XOGAMOS AO FUTBOLÍN


Un ano máis fixemos o campionato de futbolín no que participa todo o alumnado que queira de 3º a 6º. Houbo partidas que se xogaron en seguida pero outras ocuparon varios recreos. As partidas normalmente xogabanse de xeito autónomo, sen árbitro, xa que todos sabían as normas.  Ao remataren eles mesmos eran os encargados de anotar no taboeiro da sala de xogos a parella gañadora e avisar aos seguintes en xogar.

A continuación podedes ver algunhas fotos!






 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E....ao final os gañadores foron Tino e Alex de 4º.
 
 
 
 

 

viernes, 4 de abril de 2014

XORNADA DEPORTIVA EN ZAS


XORNADA DEPORTIVA EN ZAS

 

O pasado 28 de marzo tivemos unha xornada deportiva en Zas, co CPI de Zas e co  CEIP de Barrié de la Maza. Xogamos a diversos deportes, balonmán, baloncesto, futbito….  Estivemos todo o tempo en actividade e coñecemos a moitos nenos dos outros centros, o de menos foi o resultado dos partidos xogados, uns perdémolos, outros empatámolos e ata gañamos algún!! Foi unha mañán moi chula a que tivemos en Zas.

 Ahora imos  ver unhas fotiños.
 
                    
                   
                                     



                                    
                                     


                                    


                                    

                                    

                     E ahora unhas fotiños de equipo!







 

 

 

 




E….despois de tanto deporte…. hai que renovar enerxías!!




 

Xa estamos desexando ter outra xornada tan chula!!

viernes, 21 de marzo de 2014

Plantamos castiñeiros!

O pasado 11 de marzo todo o alumnado de E. Infantil e Primaria co seu profesorado fomos plantar castiñeiros nunha parcela do Concello que está ao lado da pista pola que temos ido a correr os de 2º e 3º ciclo no primeiro trimestre, como podedes ver nunha entrada anterior, onde tamén se ve algún dos castiñeiros que xa se plantaran nunha ocasión anterior. A ver se cando medren nos dan unas boas castañas para facer o Magosto!!

Ahora unhas fotiños do bo día que tivemos!!