viernes, 29 de marzo de 2019

XORNADA DE ESO MULTIDEPORTE en A PICOTA con Zas. 13/02/19

Primeira xornada que organiza o centro  de  deporte escolar en secundaria e todo foi un éxito,  a pesares de que comezou a chover no medio dos partidos e cambiouse as instalacións do centro por o pavillón deportivo municipal.



viernes, 22 de marzo de 2019

4º XORNADA MULTIDEPORTE ENTRE A PICOTA E ZAS

Outra xornada do deporte escolar. Esta foi o xoves 21 de marzo no CPI da Picota e visitounos o CPI de Zas.

En xornada de mañán de 10:15 a 12:30  disputamos varios encontros nas instalacións dispoñibles, xogando todos ao mesmo tempo.

Por fin tivemos un día de sol e puidemos usar as instalacións do noso cole para xogar!!!

Os cursos de 5º e 6º  divididos en 4 equipos ían rotando polos patios para xogar a balonmán, brillé, baloncesto e fútbol sala. Os partidos eran de 20´ con 10 de cada parte. Fixemos un descanso para merendar despois das dúas primeiras rotacións.

Ao finalizar fomos xogar a fútbol 11, un partido que fixo as delicias das afecións, con estas a cantar e moi entregadas.

Moi bo día deportivo, o cal esperamos repetir.