miércoles, 2 de diciembre de 2015

CAIXÓN DAFIS

 Esta semana comezamos coa valoración da condición física, dentro do programa DAFIS do Plan Proxecta para todos os cursos de Primaria. Durante unha semana e media os rapaces/zas da Picota mediranse, pesaranse, farán probas de velocidade, flexiblidade, resistencia, forza manual, salto horizontal a pés xuntos e suspensión de brazos obtendo uns valores que despois se contrarrestarán coa media de Galicia, aportando unha información subxectiva do nivel de condición física.  Estes datos serven para facer un seguemento da súa evolución na etapa de Primaria e ver que factores foron os que fixeron variar os resultados, se así fose o caso.





Para máis información sobre isto, fai clic aquí.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Coñecer o meu corpo


Os obxectivos desta unidade Lim son:

As partes corporais posibilidades de acción
Vivenciar  ton muscular (contración-descontración, global-segmentaria).
Fases da respiración.
Normas básicas de hixiene e coidado do corpo.

Premer na foto para comezar a actividade.




HOQUEI

Para saber moitos sobre os diferentes modalidades de hoquei, normas e as súas equipacións.
Premer na foto para comezar (está en idioma catalán pero intuitivamente darás feito, seguro que si).





Baloncesto LIM

Aquí podedes facer unha actividade que vos levará a coñecer a teoría, o reglamento e aspectos técnicos de baloncesto.
Premer na imaxe  para comezar:




miércoles, 29 de abril de 2015

PARTICIPACIÓN EN GALICIA SAUDABLE -VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA

 PLAN ESTRATÉXICO PARA O FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA


O plan quere promover o hábito da práctica regular de actividade, consciente da importancia da súa práctica na infancia, principalmente no ámbito educativo e familiar. Por iso avoga por traballar nos ámbitos educativos e no estímulo ás familias para lograr a adquisición de hábitos saudables entre os máis pequenos, ao tempo de lograr estender a concepción do exercicio físico como unha ferramenta de saúde.

Os primeiros pasos deste proxecto foron dados cando se coñeceu dun informe sobre sedentarismo e actividade física que será o punto de partida para se elaborará un Plan estratéxico para o fomento da actividade física e a creación dun Observatorio da práctica deportiva e a alimentación saudable.

Incorpóranse intervencións e accións concretas en diferentes áreas que van desde o eido político, pasando polo educativo e sanitario, o propio de promoción ou as intervencións sistemáticas con programas específicos de actividade física.

No eido dos centros educativos, serán os mestres especialistas  de Educación Física os que de forma voluntaria leven a cabo unhas valoracións e probas con test de condición física a todo o alumnado durante toda a etapa de Primaria, estes datos obtidos serán gardados nun ficheiro informático (os que asinaran o consentemento), co fin de valorar a evolución do alumnado na a etapa e así poder establecer un seguemento individualizado.

Á vez, tamén podemos contrastar estas informacións con outros centros educativos situados noutros entornos diferentes ao noso e concluír niveis de actividade física segundo o tipo de zona ou área dos participantes.

A longo prazo, tentaremos por toda esta información a disposición dos Servizos de Saúde, coa finalidade de que os facultativos teñan os datos da duración nun exercicio físico prolongado, probas de forza, potencia do tren inferior, flexibilidade, etc... e así no caso de algunha emfermidade común como asma ou sobrepeso marcar as pautas que eles consideren oportunas. 


Neste enlace web da PLATAFORMA DAFIS poderás ver as probas propostas. (entrar no enlace e facer clic en descargas).




lunes, 6 de abril de 2015

ATLETISMO - MODALIDADES

Aquí imos expor varias presentacións sobre algunhas das modalidades que traballamos na aula sobre o atletismo.
As presentacións conteñen información sobre as normas, o modo de execución ou a historia destas modalidades.

SALTO DE ALTURA




PROBAS DE RESISTENCIA

 

PROBAS DE VELOCIDADE

 

BALONCESTO

Actividades Clic para traballar as normas e aspectos tácticos do baloncesto.



VOLEI

Información de volei en diapositivas sobre as normas e aspectos báicos do xogo.

 


Cun xogo interactivo de Jcli aprenderemos os xestos e a técnica do golpeo no volei.


http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3517

BADMINTON

Reglamento sobre os aspectos formais deste deporte moi popular no continente asiático.


 


Actividades de LIM para ir coñecendo o bádminton, namentres interactuamos co ordenador.
Xogar no LIM

BALONMÁN - REGLAMENTO

Presentación que trata sobre os aspectos básicos do xogo no balonmán, vista de maneira resumida e interesante.




FÚTBOL SALA

O alumnado de terceiro ciclo  vai trabalar unha unidade didáctica de iniciación a fútbol sala.
 Para completar esta información adxunto un LIm sobre aspectos de interese deste deporte.
Probádeo, será de interese!


http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/11005548/helvia/aula/archivos/repositorio//0/33/html/index.html

Atletismo escolar en Santiago

Fai xa un mes que o CPI A Picota acudiu a Santiago para participar nos campionatos escolares de atletismo en pista (XOGADE 2014/15).
Alí experimentamos as diversas probas das que consta este deporte, nalgunhas como membros activos e noutras como espectadores, ben observando ou apoiando aos compañeiros/as. 
O 14 de marzo resultou unha xornada interesante, onde o bo tempo e un ambiente deportivo total fixeron do deporte escolar un día para recordar, e para non esquecernos adxuntamos a continuación un vídeo e os resultados nas probas onde tiñamos atletas.

Resultados



Atletismo 14.03.2015 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.

lunes, 9 de febrero de 2015

Carreira pedestre Porto do Son

O venres día 23 de xaneiro do 2015, os membros do CPI A Picota clasificados, participaron na fase Intercomarcal de Campo a Través que se disputou no circuito do Loreto, Porto do Son. A nosa representación foi dun equipo na categoría alevín femenino e dun corredora na categoría benxamín masculino, no total 7 atletas.

Todalás comarcas veciñas estaban presentes nesta fase, ben sexa a través dos colexios ou dos clubes de atletismo, polo que o nivel de exixencia foi moi alto e de aí que non conseguísemos representación para a seguinte fase, a provincial de Campeonato Escolar de Campo a Través na carreira de campo a través. Estas xornadas enmárcanse dentro do Plan Xogade que promociona o deporte escolar nos centros educativos.

No seguinte enlace poden ver moitas fotos do acontecido, así como os resultados desta fase e tamén das seguintes que se disputaron. Tamén contén información (calendarios, resultados,...) de outras modalidades do deporte escolar na nosa zona (tenis de mesa, fútbol sala, voleibol, baloncesto, ...)

A continuación unha exposición de fotos cos mellores momentos da proba.