viernes, 21 de marzo de 2014

Plantamos castiñeiros!

O pasado 11 de marzo todo o alumnado de E. Infantil e Primaria co seu profesorado fomos plantar castiñeiros nunha parcela do Concello que está ao lado da pista pola que temos ido a correr os de 2º e 3º ciclo no primeiro trimestre, como podedes ver nunha entrada anterior, onde tamén se ve algún dos castiñeiros que xa se plantaran nunha ocasión anterior. A ver se cando medren nos dan unas boas castañas para facer o Magosto!!

Ahora unhas fotiños do bo día que tivemos!!


 


 






 




 



 



                                                   

viernes, 14 de marzo de 2014

PARTICIPAMOS NA CARREIRA PEDESTRE!!


Un ano máis participamos na carreira pedestre organizada por Excolarix, dentro da campaña  de "Xogade" de deporte escolar da Xunta.  Este ano como tiña chovido tanto foi un pouco complicado de organizar, pero finalmente a carreira celebrouse o 24 de xaneiro en Bembibre, e tivemos bastante sorte co tempo, só choviscaba un pouco!

A verdade é que os nen@s  se esforzaron un montón e todos remataron a carreira, son uns campións!  ata tivemos un terceiro posto, que acadou María Senra de 3º na carreira da súa categoría. A continuación van unhas fotos do vivido aquel día.

Aquí vemos aos de 6º preparados co seu dorsal antes da carreira.
 


 E....  a correr!
 
 
                         
                         
                           
                           

          


 

 

 
 
                                  
 

 

 
                     
 
 
Aquí vemos a María no momento da entrega de medallas. 
 
                        
 
 
 


lunes, 10 de marzo de 2014

CAMPIONATO DE BRILÉ DE 5º E 6º


Os de 5º e 6º tiveron tamén un disputado campionato de brilé. Aquí van algunas fotiños.

 








 
 

E finalmente a foto dos 3 equipos. Os gañadores de pé, á súa dereita os segundos e á esquerda os que quedaron de terceiros.