viernes, 5 de mayo de 2017

FASE INTERCOMARCAL DE ATLETISMO

Fomos o pasao sábado, 1 de abril a Noia para participar nas probas da fase intercomarcal de atletismo co CPI A Picota, tal e como vén sucedendo nestes últimos anos.

Dentro desta fase, hai varias datas onde os rapaces/zas son convocados en diferentes fins de semana segundo a categoría, pois os benxamíns (2007 e 2008) e alevíns (2006 e 2005) van nas mesmas datas e os infantís van noutras diferentes.

Un total de 12 atletas do noso centro decidiron ser valentes e probar as experiencias destas modalidades do atletismo, algunhas delas totalmente descoñecidas para moitos e que sucitou o interese por saber a normativa e o material de uso.

Participamos en disciplinas como lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreiras de velocidade, de media distancia..., en definitiva, todas aquelas que a eles lles gustaban.

No tocante a tarde deportiva, esta dicurriu sen incidencias e co goce dos participantes, máis se cabe cando os resultados acompañaron pero sobre todo debemos destacar a excelente xornada de convivencia entre atletas, compañeiros, adestradores e o deporte nunha tarde soleada e que a ben seguro será de recordo para moitos dos nosos alumnos/as.






CAMPO A TRAVÉS. FASE INTERCOMARCAL EN OUTES. 27.01.2017

O mes de xaneiro foi o protagonista nas competicións de campo a través de Xogade, pois neste mes disputáronse as dúas fases nas que soemos participar.

Foi en Outes, nun día de chuvia constante e nun circuito moi propio de campo a través,  o que convertiu esta proba en dura polas condicións climáticas e do medio; sen que isto impedise que os nenos/as disfrutasen da xornada e participasen na carreira coas maiores ambicións posibles.

Dos 11 alumnos/as anotados só puideron participar 6, xa que houbo moitas baixas por enfermidade nesa semana.

O 18 de febreiro disputarase a fase provincial na Pobra do Caramiñal, sen acadar ningún alumn@ do centro clasificado.

Podemos ver os clasificados da proba de Outes premendo no seguinte enlace.

APUNTES DE CONDICIÓN FÍSICA

Aquí poderedes ver unha presentación sobre aspectos importantes da condición física e algúns conceptos teóricos do que debemos saber para potenciar a saúde no noso corpo a través da actividade física.
Recomendamos botar un ollo a estas imaxes e tamén ler o artigo de colleita propia que se presenta despois da presentación, posto que complementa a información explicando de xeito máis cotía cales son as bases do exercicio físico e que actividades son as máis indicadas, durante canto tempo se deben facer e as posibilidades segundo cada entorno.

APUNTES DE CONDICIÓN FÍSICA

Apuntes presentacion condición física y salud 3ºeso de neodgs


ARTIGO DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE