viernes, 2 de marzo de 2018

CAMPO A TRAVÉS. INTERCOMARCAL. NOIA 2018.

O equipo femenino infantil, con 5 atletas foi disputar a fase de campo a través a Noia.

Un día algo chuvioso pero que non impideu o desenvolvemento normal das probas. Marcado carácter competitivo xa nesta fase, con centros de toda a contorna e que daba acceso á fase provincial de campo a través.

Nesta ocasión non tivemos méritos deportivos, pero si viñemos felices e contentos desta experiencia deportiva.





CARREIRA POLA PAZ. SAVE THE CHILDREN 2018

Coa idea de traballar o día da paz, este ano decidimos formar parte dunha ONG e  tanto que foi así que participamos na Carreira Solidaria Save The Children.

Deseñamos un circuito arredor do patio principal, marcado por setas e con distancias de 200 metros para o alumnado de Primara e de 75 para os de Infantil. 

Nestas, todos se puxeron a dar voltas correndo polo patio, co fin de recaudar algo de diñeiro e aportalo a esta organización benéfica na súa labor de paliar deficiencias de medicamentos e nutricionais en nenos/as de Sudán.

Previamente, o alumnado acordou entre a familia, uns patrocinadores/as que lles aportaban unha cantidade por volta completada, pasando despois a facer o cálculo total.

Os corredores, acompañados por unha xornada soleada e atractiva para a práctica deportiva,  puxeron moitísimo empeño en dar moitas voltas ao patio e tamén os familiares participaron moi xenerosamente apadriñando - patrocinando aos rapaces.


                                               preme aquí para ver as fotos e vídeos da carreira

CAMPO A TRAVÉS. A BAÑA 2018

Fomos o 12 de xaneiro participar na fase comarcal de campo a través en A Baña.

Un total de 52 atletas, baixo o nome do CPI  A Picota, formaron en tódalas saídas das distintas categorías, disfrutando do circuito marcado polas leiras do concello de A Baña coas distancias acorde ás idades que lles correspondía.

Xornada de campo a través moi fructífera onde non houbo incidencias e o alumnado volveu contento da súa experiencia.

Na parte de estatísticas e méritos temos que destacar a presencia do equipo de infantil femenino na seguinda fase, a cal se disputará en Noia.

Sobran palabras para describir os feitos e non perdan a oportunidade de ver a extensa cantidade de fotos que reflexan esta actividade.