miércoles, 30 de mayo de 2018

PLAMBE: sendeirismo en secundaria


Dende o Departamento de Educación Fisica, fixemos unha exposición dun traballo colaborativo entre todos os cursos da ESO sobre o Sendeirismo, resaltando e dando a coñecer que con esta actividade física  estamos ademais desfrutando, descubrindo, valorando e mantendo o noso Patrimonio, Cultural, Natural, Etnográfico, arqueolóxico e histórico.
A Exposición consiste nun panel informativo con diferentes traballos, e un recuncho cun punto de información con bibliografía e material relacionado co tema, posto a disposición de toda a comunidade educativa.

Unha parte deste material é do Departamento  e outra e da biblioteca do Centro. Co alumnado de primeiro fíxose un rastreo-práctica para localizar a documentación e familiarizar así aos “recien chegados” no uso e busca dos recursos na biblioteca.







jueves, 10 de mayo de 2018

PERCORRENDO A CARBALLEIRA DE ANLLARES (MAZARICOS)



Descubrir algúns recunchos naturais do Concello, fomentar hábitos de vida saudable practicando sendeirismo, así como recoñecer e valorar o noso patrimonio natural son entre outros, obxectivos da saída que fixemos este 8 de Maio; as profesoras de Ciencias Naturais e Educación Física co alumnosado de 2º da ESO.

Fixemos un percorrido, guiado por un técnico de deportes do Concello pola “Carballeira de Anllares”; un ecosistema único, situado na marxe esquerda do Xallas.

Un lugar fermoso e cheo de vida que está moi preto do noso Centro e a espera de ser recoñecido como PARQUE NATURAL.