viernes, 16 de diciembre de 2016

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN A BAÑA. 12-01-2017

Xa temos data da competición escolar que organiza a AD Escolarix e pertence ao programa Xogade de campo a través, será o xoves á volta das vacacións de Nadal, día 12 de xaneiro ás 11 da mañán. 

Como vén sendo habitual acudiremos ao encontro deportivo das carreiras escolares cos cursos de Primaria (de 2º a 6º) e ESO (1º e 2º). 

Enviadas as autorizacións pertinentes, agardamos que o tempo acompañe e poidamos disfrutar dun bo día de actividade física.


OBRADOIRO PRÁCTICO DE TENIS DE MESA CO AD ZAS

O AD Zas propuxo dar no pavillón de A Picota, unhas sesións prácticas de tenis de mesa para acercar este deporte ao alumnado, darlle visibilidade, coñecemento técnico e informativo de onde, cando e quen pode acudir a estas actividades.

Eran 4 monitores/as con paridade, todos eles e elas competidores dos diferentes circuitos galegos, demostrando así que hai categorías e competicións de tódalas cores.

Tras unha pequena exhibición de dúas xogadores (con un currículo envexable), tocoulle aos alumnos/as participar e tomar contacto con este deporte. Se ben cos primeiros raquetazos non mostraban moito convencemento das súas capacidades (algo normal), xa no final da sesión esbozaban un gran sorriso e o seu interese maioritario por participar nas clases que o club imparte no Concello.

Xa que estamos, desmiuzamos toda a información que nos deron, dicindo que o noso concello, así como  a maioría da zona, ofrecen actividades de tenis de mesa dous días a semana no pavillón, podendo anotarse desde os 8 anos todos aqueles nenos/as que o desexen. O horario será de 19 a 21 hrs. e impartirán as clases os monitores do AD Zas.


viernes, 13 de mayo de 2016

CLASIFICADOS PARA A FASE PROVINCIAL

Publicamos o listado de tódolos atletas clasificados para a fase provincial de atletismo que se vai celebrar en Ribeira o sábado 21 de maio do 2016.

No CPI a Picota temos dous atletas clasificados, María Senra e Gabriel Goyes que teñen a oportunidade de competir polo campioanto provincial e así ter aceso ao campionato galego.

viernes, 6 de mayo de 2016

Resultados da fase intercomarcal de atletismo. Pobra 23/04/2016

Disputada un sábado e acudindo 11 atletas do CPI a Picota, a fase intercomarcal de atletismo nas categorías benxamín e alevín pechouse por esta tempada. Queda pois, coñecer os clasificados para a fase provincial que se celebrará no campo da Fieiteira en Ribeira, o día 21 deste mes de maio.

O noso alumnado tivo unha boa xornada de tarde, con temperatura soleada que axudou a disfrutar das diferentes probas e estar animando aos compañeiros cando lles tocaba participar.

No tocantes aos resultados, mostramos un documento onde se poden ver as marcas de cada atleta, en función da proba e categoría na que lle tocou formar parte.



martes, 19 de abril de 2016

ACTIVIDADE LIM SOBRE BALONMÁN

Fai clic na imaxe e terás a opción de aprender e divertirte cos aspectos teóricos, tal e como normas, historia, posicións, medidas, etc sobre o balonmán que espertarán a túa curiosidade e daranche unha maior efectividade na súa práctica.


jueves, 7 de abril de 2016

XOGO DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

O TELÉFONO ESTROPEADO


A continuación pretendo reflexionar un pouco e a través dun xogo sobre a importancia do ruído no noso entorno e como este intervén negativamente na fluidez da información.
O obxectivo é valorar persoalmente este aspecto da contaminación acústica e sacar as conclusións da importancia do ruído diario e a distorisón que produce no día a día.


TÍTULO:
O teléfono estropeado.

DESTINATARIOS:
Alumando de primeiro e segungo curso de Primaria.


DESCRIPCIÓN:
Variedade do xogo “o teléfono estropeado” que elixín para facer a actividade deste módulo.
É moi importante explicar os condicionantes do xogo xa que a colocación dos integrantes e a música de fondo son as variedades que determinan a súa realización
Con respecto a isto, os participantes estaban todos colocados en zig zag ao longo do ancho e largo do ximansio, separados entre sí a uns 5 metros de distancia e dentro dun aro para que non variasen o seu posicionamento. Mentras tanto a música soaba a un volume que dificultaba a conversa, tal e como probamos na explicación onde as consignas non se oían con claridade a misma distancia que no xogo.

Poño de mostra dous audios:


-        No intento 1 a frase elixida chegou ao destinatario final sen variar o seu contido, pois repetiuna exactamente, se ben houbo que axudar na primeira fase para que non se perdese o contido, observando así que onde se escapa a información é maiormente ao inicio.





-         No intento 2 a frase non pasou dos dous primeiros participantes e mostramos que sen axuda, a contaminación acústica impide que a información se transmita a escasos metros.

martes, 1 de marzo de 2016

VOLEI EN IDADE ESCOLAR

Ao premer nesta foto terás a ocpión de navegar pola páxina da Federación Española de Voleibol, onde trata o PequeVolei, que vén sendo un programa educativo para tratar o volei en idade alevín e infantil.
Neste enlace web, encontraremos animacións e vídeos dos xestos técnicos, características oficiais do espacio de xogo, beneficios sobre a súa práctica e outros artigos de interese.


viernes, 29 de enero de 2016

Campo a través - Negreira.


 Outro ano máis disputouse a proba de campo a través da comarca do Xallas, pertencente ao Programa Xogade onde se encadran as competicións deportivas en idade escolar.
Despois de atrasala por dúas ou tres veces e a contrarreloxo, pois esgotábanse as datas, celebrouse o luns 18 de xaneiro no circuito de Negreira, a carón do colexio.
O tempo dounos unha tregua e correuse finalmente sen chuvia, comezando polos benxamíns as 11:00 e finalizando os cadetes arredor das 12:40.
Cabe destacar a gran participación do noso cole con case 100 rapaces e rapazas que non se amedrentaron polo tempo nin pola distancia a percorrer.
Desde o CPI A Picota seguimos animando a ser cada ano máis participantes, disfrutar das carreiras e a preparar as probas xa que iso permitiríanos seguir avanzando nas carreiras e coñeceríamos novos circuitos, lugares, compañeiros así coma outras fases da competición.
Agradecemos a tódolos atletas o seu esforzo e convidámolos a participar o ano que vén (aínda que tamén nos queda o atletismo en pista).


Negreira 2015.16 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.