viernes, 16 de junio de 2017

DEPORTE NA AUGA

Dentro das actividades propostas no Proxecto  Deportivo de Centro (PDC) tentamos ofertar a máxima variedade de actividade física para o noso alumando, na medida do posible, e da man do Concello que se presta; acudimos a desfrutar dunha xornada pasada por auga.

Desta vez tocoulles a 6º EP e 1º ESO mollarse e chapuzar un algo.

Fomos camiñando ata aló e despois dunhas indicacións sobre normas e usos na piscina, tocou cambiarse en seguida para tirarse ao vaso.

Dividimos a hora da que dispuxemos en tres exercicios en grupo:

  • un quecemento facendo ximansia na auga.
  • exercicios de flotablidade e desprazamento.
  • xogo libre.


Creo que a xornada foi interesante e agardamos repetir, xa que o alumnado pasouno ben e mostraron ter boa actitude.


miércoles, 7 de junio de 2017

Camiña en bici á escola

Dentro do Proxecto Deportivo de Centro no que estamos inmersos como parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia fixemos unha actividade enmarcada neste ámbito que tiña por obxectivo familiarizrse coa bicicleta e ao mesmo tempo cos accesos ata o cole desde a contorna máis próxima.
Este ano, que era novidade no centro esta actividade, tratamos de facer un percorrido pola zona, deseñado polo técnico de deportes do Concello de Mazaricos.

Preparounos camiños doados, sen dificultade ningunha e tratando de non usar a estrada xeral, aínda que si a tivemos que cruzar nun par de ocasións, sempre coa axuda de Protección Civil que ía abrindoe pechando a ruta.

Fomos o alumnado de 4º e 5º  de EP e 2º ESO, xuntando un total de 44 alumnos/as  acompañdos por 3 mestres e o Nito Estalote (técnico do Concello) na bici e PRotección Civil con dous coches e 3 voluntarios.

A actividade tivo moi boa acollida e agardamos poder continuar con ela, así como tamén se agarda potenciar o uso da bici nos entornos rurais e tentar deseñar rutas seguras e atractivas para os mozos/as e que poidan usar este medio de transporte para as súas actividades cotiás...e como non, para vir ao cole sempre que o acceso sexa seguro e posible.

Previa á saída o alumnado fixo traballos sobre a bicicleta e o tema do Plambe, os inventos, sobre quen a inventou, sobre a roda...etc.

Aproveitamos tamén, xa que tiñamos as bicis para facer circuitos e probas nas sesións de Educación Física, co fin de mellorar o noso equilibrio sobre ela e ter máis habilidades que nos permitan aumentar a confianza sobre o sillín.


MOITAS GRACIAS AO CONCELLO DE MAZARICOS, A TRANSPORTES GONZÁLEZ E A PROTECCIÓN CIVIL, por facernos pasar a todos/as unha boa xornada de bici.