miércoles, 11 de abril de 2018

PROMOCIÓN DO TENIS DE MESA

O AD ZAS, equipo de tenis de mesa que promove este deporte no pavillón da Picota  a través do Concello de Mazaricos, todos os martes e xoves de 18:00 a 19:30 prestouse voluntario para facer unha xornada de tenis de mesa.

Así desde primeira hora da mañán do venres 6 de abril, os alumn@s de 2º, 3º, 4º, 5º, 6º de Educación Primaria foron pasando por cursos a recibir as indicacións dos dous monitores do clube de Zas e disfrutar cos xogos i exercicios que estes lles propuxeron.

Canto máis avanzada era a idade dos participantes máis se complicaban as tarefas e máis esforzo a realizar. Isto motivounos para dar feito e ser os mellores, de aí que as tarefas fosen do seu interese e resultasen moi gratificantes.


GRACIAS  STEVO E MIGUEL

miércoles, 4 de abril de 2018

XORNADA MULTIDEPORTE INTERCENTROS CON BAIO. 2018

Martes 6 de febreiro, son as 10 da mañán e imos con toda a nosa ilusión do mundo ao centro Labarta Pose de Baio para xogar ao baloncesto, balonmán, fútbol sala e brilé.

A xornada de chuvia  provoca que xoguemos no pavillón deportivo e adaptemos os encontros ao espazo dispoñible.

Xornada para o alumnado apetecible, a cal esperamos repetir e continuar nos vindeiros anos.

Eles devolveron a visita e viñeron xogar ao noso pavillón o xoves 22 marzo e así todo alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º tiveron a oportunidade de practicar varios deportes en partidos e divididos por grupos.

Inesquecible xornada deportiva para estes alumnos da zona que se asocian para levar a cabo estes días de multideporte, de gran interese e riqueza social.

Campeonato interzonal orientación Boiro

Hoxe fomos a Boiro cós alumnos de 1º e 2º ESO para participar no campeonato de orientación organizado en Boiro na que participaron outros 14 centros da zona. Foi unha experiencia xenial xa que tivemos que chegar á meta seguindo un mapa cuns símbolos que servían para orientarnos e así coñecimos en profundidade o parque A Cachada, e relacionámonos cos rapaces e rapazas doutros centros.



Para ver máis fotos pinchade no seguinte enlace: Fotos carrera de orientación