lunes, 17 de junio de 2019

MARCELLE 1º ESO



Saída  Didáctica a Marcelle, Lugo, cos alumnos de 1º de ESO.

Algo máis que un parque zoolóxico .MARCELLE: OBXECTIVOS

 O 13 de Maio disfurtamos dunha xornada guiada increible, nun entorno moi cuidado e con  actividades a maiores como Tiro con Arco, Xogos e moita camiñata .




















martes, 28 de mayo de 2019

O Muro da Saúde

                                     


                





Na asignatura de “Promoción de Hábitos de vida Saudable”, os alumnos de 2º de ESO expuxemos  nos muros do corredor o chamado “Muro da Saúde”, o cal poñía de manifesto unha gran cantidade de datos e información:
-         
       - Información Xeral sobre a Saúde.
-          -  Recomendación de Páxinas e Blogs relacionados coa alimentación.
-          -  Receitas elaboradas polos propios alumnos.
-          -  Selección e recomendación de películas.

PLAMBE- CINEXIN Proxector de Cine 8m/m



                             O CINEXIN paseando polas aulas do noso Centro

                                

                                           https://youtu.be/x1Yr4vHte2M
                                                             ANUNCIO

 O Cinexin ,un dos xoguetes máis populares das décadas dos 70 /80 en España.
E un pequeno proxector de películas de 8mm dunha duración inferior a un minuto.

No proceso de búsqueda de xoguetes para colaborar no Proxecto da Asignatura de Economía ( Banco de Xoguetes Coeducativo) atopei este marabilloso xoguete.
Decidimos restauralo e poñelo en funcionamento para que toda a comunidade escolar disfrutara das pequenas proxeccións que realizamos polas aulas. Tamén lle mostramos aos alumnos o seu interior e a súa básica estrutura tecnolóxica.
Unha gran utilidade desta actividade ,foi a conexión co PLAMBE de este curso : O CINE


       Sorpresa, Descubrimento, coñecemento para alumnos e lembranza para os adultos. Todo esto e moita alegría e satisfacción grazas a este pequeno aparello atopado nun trasteiro dunha casa de Betanzos.
                                                                      FOTOS

                                                       

lunes, 27 de mayo de 2019

Sombras e Cine Mudo - PLAMBE

UD Expresión Corporal " Sombras e Cine Mudo"

Despois dun pequeno estudio, achegamento e revisión das oríxenes do Cinema ,os alumnos da ESO, elaboraron en grupos, un "corto" coa técnica de sombras, recordando o cine mudo. Experimentaron ao longo de varias sesións e traballaron ,tamén, a técnica de Luz Negra.
                                 
Aquí tedes un resumo de algúns destes traballos

                                                        Sombras
                                                     
                                                        Luz Negra


                                                        Luz negra


domingo, 26 de mayo de 2019

Cine e Deporte -Trailers PLAMBE

Festivais de Cine e Deportes Os alumnos de 2º e 3º ESO presentan algúns dos traballos realizados na 1ª Avalición  dentro da UD de Expresión Corporal " Actrices e Actores por un día"

"CINE e DEPORTE"

Un traballo de búsqueda ,elección e visionado de películas en pequenos grupos, e o mais divertido e interesante:  elaboración dun trailer , sendo eles directores ,guionistas, productores e actores.



Os Alumnos de 4º ESO fixeron  na 1ª Avaliación  un traballo de investigación  relacionado cos Festivais de cine e o mundo do Deporte

Festivais de Cine
.
Festivais de Cine e Deporte

viernes, 10 de mayo de 2019

Xornada de xogos populares. CEIP Pepe Xan de Baña. 10.04.19

Dentro do proxecto deportivo de centro, o multideporte entre os coles da zona, compartir xornadas deportivas variadas e de interese diverso entre o alumando, fomos convidados a acudir en abril ao cole de Santa Comba, o CEIP Pepe Xan de Baña.

En xornada de mañán e con alumnado de 3º a 6º EP, participamos na distribución que eles tiñan preparada, con varias estacións e vivenciando o xeito de organización da que disfrutan nos recreos.
Contan con un proxecto, digno de estudio e que xa recibiu mencións específicas pola súa calidade educativa, este é o DIVERTIPATIO.

Tanto dentro do cole como no pavillón e patios, fomos quen de pasar unha xornada moi amena e satisfactoria.

Despois dunha merendiña de media mañán fixemos un circuito de bebidas colorantes con sabores, onde o alumnado tiña que acertar de que sabor era.




MOITAS GRACIAS COMPAÑEIROS/AS DE SANTA COMBA!!!

lunes, 6 de mayo de 2019

ACROSPORT "Adéntrate no Cine ". PLAMBE

Os alumnos de 3º e 4º da ESO este curso , na Segunda Avaliación, traballaron entre outros contidos O ACROSPORT.
Aquí tedes o resultado final do seu traballo. Exercicios que espuxeron ante o resto dos compañeiros e profesores o último día de clase, antes das vacacións de Semana Santa e que queremos compartir con todo aquel que sinta curuisodade e interés por esta actividade tan enriquecedora, inclusiva e donde o aprendizaxe cooperativo está presente en todo momento.







viernes, 29 de marzo de 2019

XORNADA DE ESO MULTIDEPORTE en A PICOTA con Zas. 13/02/19

Primeira xornada que organiza o centro  de  deporte escolar en secundaria e todo foi un éxito,  a pesares de que comezou a chover no medio dos partidos e cambiouse as instalacións do centro por o pavillón deportivo municipal.



viernes, 22 de marzo de 2019

4º XORNADA MULTIDEPORTE ENTRE A PICOTA E ZAS

Outra xornada do deporte escolar. Esta foi o xoves 21 de marzo no CPI da Picota e visitounos o CPI de Zas.

En xornada de mañán de 10:15 a 12:30  disputamos varios encontros nas instalacións dispoñibles, xogando todos ao mesmo tempo.

Por fin tivemos un día de sol e puidemos usar as instalacións do noso cole para xogar!!!

Os cursos de 5º e 6º  divididos en 4 equipos ían rotando polos patios para xogar a balonmán, brillé, baloncesto e fútbol sala. Os partidos eran de 20´ con 10 de cada parte. Fixemos un descanso para merendar despois das dúas primeiras rotacións.

Ao finalizar fomos xogar a fútbol 11, un partido que fixo as delicias das afecións, con estas a cantar e moi entregadas.

Moi bo día deportivo, o cal esperamos repetir.



jueves, 14 de febrero de 2019

2º xornada multideporte ESO. Baio. 13.02.19

Primeira xornada de partidos a baloncesto, balonmán, volei e fútbol sala que disputan o alumnado  do CPI A Picota neste ano e agardamos que sexa o comezo de moitos de este tipo de eventos.

Resultou totalmente interesante para nós e quedamos moi contentos coa experiencia. Agora esperamos visitas de volta de outros coles e seguiremos con estes encontros.

Non temos marcadores finais, xa que aínda que había árbitros/as e si contabamos os tantos, non era o máis importante e non queda anotado marcador final. Se cadra,  máis adiante faremos sistema de competición.


jueves, 7 de febrero de 2019

1º Xornada de Multideporte. A Picota 2019

Comezou a actividade deportiva no CPI A Picota coa liga de coles e facendo esas xornadas de multideporte con outros centros da zona.

Elaborouse un calendario previo onde se anotaron os centros interesados e marcáronse catro datas, onde ás veces no noso centro e outras visitándoos,  os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º practicarán os deportes de fútbol sala, baloncesto, balonmán e brillé.

Neste primeiro encontro, visitounos o colexio da Señora Inmaculada de Santa Comba e dado que o tempo era de chuvia, desprazámonos aquí ao lado para facer da pavillón da Picota, o noso espazo de encontro.

Os case 30 alumnos/as de 5º e 6º de ambos centros foron quen participou nesta ocasión. Foi un xoves 23 de xaneiro en xornada de 11 a 12: 30, xa que despois nos esperaba o comedor.

Vexan aquí nas fotos como foi a cousa, xa que estas imaxes contan máis que as nosas verbas.



jueves, 17 de enero de 2019

ACTIVIDADE DIDÁCTICA DE EF PARA SECUNDARIA-THE CHILDREN´S GAME

Presentamos esta actividade para 1º e 2º da ESO, para calquera dúbida preguntar a mestra Pilar.

ACTIVIDADES:

1-Pinchando neste link podedes encontrar un cadro de Pieter Brueghel el Viejo.....onde hai máis de 80 xogos poulares. Trátase de localizar alomenos 10 destes, describilos e acompañar dunha imaxe actual.

2- Fai unha clasificación dos xoquetes ou xogos que recibiches nestes útimos tempos, en función do lugar onde poidan usarse, do número de persoas que poidan participar ou do material co que están fabricados.