Un ano
máis participamos na carreira pedestre organizada por Excolarix, dentro da
campaña de "Xogade" de deporte escolar da Xunta.
Este ano como tiña chovido tanto foi un pouco complicado de organizar,
pero finalmente a carreira celebrouse o 24 de xaneiro en Bembibre, e tivemos
bastante sorte co tempo, só choviscaba un pouco!
A verdade
é que os nen@s se esforzaron un montón e
todos remataron a carreira, son uns campións! ata tivemos un terceiro posto, que acadou
María Senra de 3º na carreira da súa categoría. A continuación van unhas fotos do
vivido aquel día.
Aquí
vemos aos de 6º preparados co seu dorsal antes da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario