viernes, 16 de diciembre de 2016

OBRADOIRO PRÁCTICO DE TENIS DE MESA CO AD ZAS

O AD Zas propuxo dar no pavillón de A Picota, unhas sesións prácticas de tenis de mesa para acercar este deporte ao alumnado, darlle visibilidade, coñecemento técnico e informativo de onde, cando e quen pode acudir a estas actividades.

Eran 4 monitores/as con paridade, todos eles e elas competidores dos diferentes circuitos galegos, demostrando así que hai categorías e competicións de tódalas cores.

Tras unha pequena exhibición de dúas xogadores (con un currículo envexable), tocoulle aos alumnos/as participar e tomar contacto con este deporte. Se ben cos primeiros raquetazos non mostraban moito convencemento das súas capacidades (algo normal), xa no final da sesión esbozaban un gran sorriso e o seu interese maioritario por participar nas clases que o club imparte no Concello.

Xa que estamos, desmiuzamos toda a información que nos deron, dicindo que o noso concello, así como  a maioría da zona, ofrecen actividades de tenis de mesa dous días a semana no pavillón, podendo anotarse desde os 8 anos todos aqueles nenos/as que o desexen. O horario será de 19 a 21 hrs. e impartirán as clases os monitores do AD Zas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario