jueves, 7 de febrero de 2019

1º Xornada de Multideporte. A Picota 2019

Comezou a actividade deportiva no CPI A Picota coa liga de coles e facendo esas xornadas de multideporte con outros centros da zona.

Elaborouse un calendario previo onde se anotaron os centros interesados e marcáronse catro datas, onde ás veces no noso centro e outras visitándoos,  os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º practicarán os deportes de fútbol sala, baloncesto, balonmán e brillé.

Neste primeiro encontro, visitounos o colexio da Señora Inmaculada de Santa Comba e dado que o tempo era de chuvia, desprazámonos aquí ao lado para facer da pavillón da Picota, o noso espazo de encontro.

Os case 30 alumnos/as de 5º e 6º de ambos centros foron quen participou nesta ocasión. Foi un xoves 23 de xaneiro en xornada de 11 a 12: 30, xa que despois nos esperaba o comedor.

Vexan aquí nas fotos como foi a cousa, xa que estas imaxes contan máis que as nosas verbas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario